Por favor, espere...

Loading...
Cataloxy
buscar en la localidad: Santiago de Compostela
Empresas España Empresas de provincia de A Coruña
Cataloxy Santiago de Compostela...Empresas de Santiago de CompostelaInformaticaCesga

Cesga

CESGA - Centro de Supercomputación da Galiza
informatica — servicio integral

O Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, e a Universidade de Santiago de Compostela participaron nunha experiencia para facer posíbel un concerto a distancia cun mínimo de latencia
Recentemente celebrouse a, a rede académica e de investigación española que proporciona servizos avanzados de comunicación á comunidade científica. A cita foi no Complexo Cultural San Francisco, centro de congresos e exposicións da Deputación de Cáceres. Este centro, foi durante parte das xornadas o extremo dunha autoestrada de comunicación de máis de 2. 700 quilómetros que conectou Cáceres directamente á cidade italiana de Trieste.
A conexión entre unha e outra levouse a cabo ao abeiro do Relatorio sobre tecnoloxías de música en rede con demostración en vivo na que os intérpretes convocados puideron demostrar ou seu talento de forma conxunta. O recoñecido músico e compositor galego Pablo Novoa dende Cáceres e o violinista italiano Sebastiano Frattini dende Trieste, interpretaron dous coñecidos temas musicais: Sunny de Bobby Hebb, tema moi popular nos anos sesenta, e Get lucky, tema do grupo francés de pop electrónico Daft Punk.
A idea era botar man das tecnoloxías máis avanzadas para facilitar por unha banda unha conexión de gran calidade e, pola outra, que dous músicos fosen quen de tocar xuntos alén dos atrancos que até o de agora poñían no camiño este tipo de tecnoloxías.
Acompañando a experiencia atopábase, como relatores, Natalia Costas Lago, Técnica superior de Comunicacións do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Javier Abreu, produtor musical e membro do equipo Canal Campus da Universidade de Santiago de Compostela.
A ferramenta empregada para esta ocasión, LOLA (LOw LAtency) foi desenvolvida polo Conservatorio Giuseppe Tartini de Trieste () en consorcio con GARR (a rede italiana de investigación) e trátase dun software e de unha especificación hardware que se emprega para a transmisión de audio e vídeo de alta definición minimizando a latencia entre os dous extremos dunha conexión en liña. O estudo da estrutura e as interaccións entre moléculas a través de técnicas computacionais é o que une a tres compañías tecnolóxicas xurdidas da Universidade de Santiago que na actualidade están a buscar sinerxías entre a tecnoloxía que desenvolven cadansúa, complementaria entre si, para conseguir crear un software que complete os procesos que leva a cabo cada unha pero sen perder a súa propia identidade empresarial.
Recentemente a spin-off da USC (S4SD), autora de AFFINImeter, un software pioneiro internacionalmente e que complementa as funcionalidades do que teñen por defecto os equipos de laboratorio, comezou a colaboración con, unha compañía nacida no Departamento de Química Orgánica da USC -na que foi spin-off- que conta con recoñecido prestixio internacional grazas á súa experiencia no desenvolvemento de software de análise de espectros de Resonancia Magnética Nuclear. O seu produto estrela Mnova, con máis de setenta mil clientes, é un referente nos laboratorios de investigación químicos e farmacéuticos de todo o mundo.
No caso de S4SD, emprazada no Edificio Emprendia e á cabeza da cal está o profesor da USC Ángel Piñeiro, o apoio da USC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) foi determinante na súa posta en marcha a través de asesoramento técnico, participación no desenvolvemento e soporte de cómputo dos cálculos requiridos por AFFINImeter. S4SD foi creada por membros do Grupo de Materia Branda e Biofísica Molecular da USC e especialízase no desenvolvemento de software científico e metodoloxías experimentais para aplicacións biolóxicas, biofísicas e químicas.
Á colaboración entre estas dúas compañías xurdidas na Universidade, que se concreta no desenvolvemento dunha nova aplicación destinada ao estudo de propiedades moleculares de interese en diversas industrias, sumarase, a piques de constituírse como spin-off da USC coa investigadora Rebeca García-Fandiño como promotora e que se dedicará á prestación de servizos de consultaría para a aplicación de simulacións computacionais de Dinámica Molecular como alternativa e complemento dos métodos experimentais tradicionais.

Por outro lado, S4SD e MestreLab Research acordaron recentemente a entrada da segunda no capital da spin-off da USC, no que representa unha alianza estratéxica para as dúas empresas xa que a tecnoloxía de AFFINImeter é aplicable ás técnicas de RMN nas que MestreLab está especializada.

No olvides que siempre puedes encontrar la información completa acerca de Cesga en Santiago de Compostela en el sitio web oficial, en la oficina de la empresa o llamandoles por teléfono


Opiniones sobre la empresa

Lo sentimos, todavía nadie ha dejado comentarios en esta página.







Contactos


  Página web oficial: www.cesga.es
 Teléfono:981 569 810
 Fax:981 594616
Otros medios de comunicación:  facebook twitter youtube cataloxy
* Cuando llames no olvides informar que habías encontrado el contacto en Cataloxy
 Dirección: Av. Vigo, S/N,
15705, Santiago de Compostela, A Coruña

Cesga ver en el mapa


Ampliar el mapa




Áreas de actividad de Cesga:




Palabra o frase clave:

informatica, servicio informático, servicio integral, galiza, centro, supercomputación, cesga
Enlace permanente a esta página:




Empresas similares en Santiago de Compostela

Santos Cocina Y Baño

 
Santos es un fabricante español de mobiliario de cocina con más de 60 años de experiencia, que diseña, desarrolla y produce muebles y accesorios de...

Contactar

Area Informatica

 
Área Informática informatica — servicio integral

Contactar

Linea Creativa

 
Línea Creativa diseño grafico

Contactar

Ferca

 
Empresa dedicada a todo tipo de limpiezas, con medios técnicos y equipos de profesionales dedicados a limpiezas especializadas, como incendios,...

Contactar

Cocinas Alba

 
Mobiliario y reformas de cocina y baño (A Coruña, España) Muebles de cocina y baño — establecimientos

Contactar

Ruanova

 
cocina casera

Contactar

Victor Campos

 
muebles de cocina y baño — fabricantes y mayoristas

Contactar
Localidades más populares del directorio